Anexos e solicitudes
Información
Neste apartado facilitámosche toda a información crucial para que te inscribas nas nosas instalacións deportivas, coñezas as normas e deberes que debes cumprir, así como todo o necesario para que poidas gozar plenamente das nosas excelentes instalacións e dos nosos profesionais.
Aquí atoparás detalles sobre como rexistrarte como socio, os procedementos para inscribirte en clases e actividades específicas.
Ademais, informarémosche sobre a normativa interna que debes seguir para garantir un ambiente seguro e respectuoso para todos os usuarios. Tamén destacaremos os nosos servizos adicionais que están á súa disposición para optimizar a súa experiencia deportiva.
En definitiva, esta sección é a túa guía completa para acceder e aproveitar ao máximo todo o que ofrece O Pazo dos Deportes.
Por qué facerse abonado
Dispoñemos das mellores instalacións deportivas e contamos cun equipo de profesionais altamente cualificados para garantizar que gozes dun espazo privilexiado para a práctica deportiva dunha maneira efectiva e sinxela. O Pazo dos Deportes dispón dunha serie de salas diseñadas específicamente para que a túa experiencia sexa completa.
Desde amplias áreas de adestramento con equipamento de última xeración ata espazos dedicados a clases dirixidas por expertos en diversas disciplinas deportivas. Ademáis, o noso equipo de profesionais está sempre disponible para axudarche na túa orientación, asegurando que aproveites a túa experiencia nas nosas instalacións.
Documentación
INsCRICIÓN wEB
Normas e deberes
- O pagamento de recibos realizaráse entre os días 1 e 8 de cada mes, con carácter improrrogable.
- Os usuarios que desexen interrumpir a actividade, están obrigados a comunicalo antes do día 30 de cada mes, do contrario xerarase o seguinte recibo, quedando obrigado a pagalo aínda que non asistan.
- Calquera cambio na modalidade de usuario ou forma de pagamento deberase comunicar antes do día 30 de cada mes, e só se fará efectivo no mes seguinte.
- Unha vez que estea asignada modalidade ou tipo de usuario, non se permitira cambio ningún mentres dure o período de tipo de aboado (anual, mensual).
- A idade mínima para acceder ós programas de fitness para adultos será de 16 anos, ou 15 anos con autorización paterna, e informe favorable do responsable da “sala de fitness”.
- Por elementais razóns de hixiene é obrigatorio o uso da toalla na “sala de fitness” e nos asentos da sauna e do baño de vapor.
- Obrigatorio recoller o material da sala de cardio e pesas e das clases colectivas despois do seu uso
- Tamén é obrigatorio o uso de calzado deportivo en tódalas salas, e non se poderá acceder a elas co calzado (aínda que sexa deportivo) se se trae posto dende o exterior das instalacións.
Aplicación Pazo dos Deportes
A nosa aplicación Fitness Pazo, ofréceche acceso a todas as instalacións do Pazo dos Deportes dende o teu móvil. Con el, podes xestionar os rexistros, reservar actividades, actualizar a túa información persoal de forma sinxela e rápida.
Ademais, podes contactar directamente co equipo do Pazo para calquer dúbida. Tamén podes explorar e inscribirte nas clases deportivas segundo as túas preferencias. Descarga agora Fitness Pazo e aproveita ao máximo a túa experiencia en Pazo dos Deportes!