Actividades
Pazo dos Deportes
O pazo dos deportes conta cunhas instalacións inmexorables dedicadas íntegramente ós nosos clientes. As nosas instalacións céntranse na parte deportiva para facer actividades como baloncesto, fútbol sala, ximnasia, entre moitas outras, xa que contamos con dous pavillóns para poder facer estas prácticas.
Tamén dispoñemos das mellores instalacións e profesionais para a túa saúde física, con salas específicas de pilates, saco – box, unha sala de dúas plantas de ximnasio con máquinas de última xeración, vestiarios equipados con todos os materiais necesarios para cubrir as vosas necesidades, ludoteca para poder deixar aos nenos nun ambiente lúdico e divertido, en xeral, todo o necesario para poder realizar actividades deportivas.
Horario
LUNS A VENRES:
- 6:45 h a 23:00 h
SÁBADOS:
- 9:00 h – 13:00 h
Recepción
En O Pazo dos Deportes, proporcionamos un servizo de recepción innovador e efectivo cun programa de recoñecemento facial de última xeración. Cun simple escaneo permíteche acceder rápidamente as nosas instalacións dunha maneira máis sinxela e cómoda para os nosos clientes.
Ademáis, encontrarás o noso persoal de recepción para responder as vosas dúbidas sobre as nosas instalación, horarios de clases ou calquera outra consulta.
Horarios
LUNS A VENRES
- 8:00 h – 22:00 h
SÁBADOS
- 9:00 h – 13:00 h (suxeito a horarios de actividade deportiva)
Horarios
Sala de Cardio e Pesas
LUNS A VENRES:
- 6:45 h – 23:00 h
SÁBADOS:
- 9:00 h – 13:00 h
Fitness
Con máis de 540 metros cuadrados distribuídos en dous pisos, a nosa sala fitness está diseñada para ofrecerche unha experiencia completa deportiva. Na primeira planta descubrirás as nosas máquinas de musculación, peso libre, zona para traballar todos os grupos musculares e alcanzar os teus obxetivos de tonificación e fortalecemento. As nosas instalacións contan con espellos estratéxicamente ubicados para axudarche a manter unha técnica adecuada en cada exercicio.
Na planta superior atoparás unha amplia gama de máquinas cardiovasculares, incluindo cintas, bicicletas e máquinas orbitales, perfectas para mellorar a túa resistencia cardiovascular. Ademáis, nese nivel contamos con espazos para estiramientos e exercicios como Core, flexibilidad, push ups, ABS, …
O noso equipo de profesionais estarán sempre a túa disposición para brindarche o asesoramento e apoio necesario para alcanzar as túas metas fitness.
Pavillón principal
Pista polideportiva equipada cun piso de faia e unhas dimensións de 57,50 por 32 metros. Emprégase para a práctica de diversos deportes tales como baloncesto, fútbol sala, voleibol, ximnasias e demais disciplinas deportivas. Ten unha capacidade para 5500 espectadores no que é o escenario do Clube de Baloncesto de Ourense (COB).
Ao longo da temporada deportiva é alugada por equipos, clubes, federacións, asociación e usarios en xeral para adestramentos, encontros oficiais de ligas, celebración de Copas Deputación, deportes escolares,… Tamén celébranse de forma periódica os encontros oficiais do Club de Ourense de Baloncesto na liga “LEB ORO” e en tódalas categorías inferiores.
Horarios
- 6.45 h – 23:00 h
Horarios
- 6.45 h – 23:00 h
PAvillón Auxiliar
A nosa pista polideportiva de piso de faia é o espazo perfecto para toda unha variedade de disciplinas deportivas como baloncesto, voleibol, ximnasia e moitas más. Ten unhas dimensións de 28 metros por 15 metros ideal para eventos deportivos. O pazo dos deportes ofréceche un entorno óptimo para o desarrollo e a competición deportiva.
Ao longo da temporada deportiva é alugada por equipos, clubs, federacións, asociación e usuarios en xeral para adestramentos. Tamén é empregada de forma regular para a realización das actividades das escolas deportivas.
Ludoteca
A ludoteca do Pazo dos deportes é un servizo gratuíto creado co fin de acoller a nenos e nenas, para que os pais, nais ou titores podan conciliar e realizar actividade física dentro da instalación, co obxecto de potenciar o inicio dunha actividade lúdica e favorecedora do desenvolvemento psicomotor, afectivo ou sensorial dos cativos.
No Pazo dos Deportes, contamos cunha amplia sala de 150 metros cuadrados onde os máis pequenos disfrutarán xogando. Foi diseñada para ofrecer un espazo seguro e divertido cunha variedade de xogos recreativos e educativos. Dentro encontrarás o parque de bolas onde os nenos poden explorar, saltar e xogar libremente baixo a supervisión do noso persoal.
Dispoñemos dunha selección de xogos de mesa, libros, monecos, pizarras, teatro de marionetas,… que garantizarán a diversión para os cativos. Mentres disfrutas das túas actividades deportivas, podes ter a tranquilidade de saber que os teus fillos están disfrutando dun ambiente seguro e estimulante.
Horarios
- 16:00 h – 21:00 h
cita previa
Fisioterapia
Contamos cunhas instalacións de fisioterapia co material adecuado para proporcionar o tratamento ou a rehabilitación que necesiten.
Baixo cita previa feita na recepción do Pazo dos deportes ou a través da APP Fitness Pazo, os fisioterapeutas atenderán as necesidades e consultas dos usuarios.
Os danos máis comúns na práctica deportiva son as lesións, contracturas musculares, sobrecargas, contusións, roturas de fibras e masaxes para a recuperación deportiva. Os nosos fisioterapeutas son titulados universitarios con Nº de COLEGIADO 4233, Nº de COLEGIADO Nº 4274 da empresa FisiOUrensport
Vestiarios
Cómodos vestiarios que contan con todo o necesario para a comodidade e practicidade dos nosos usuarios. No interior encontrarás todo o necesario para prepararse antes e despois dos adestramentos. Contamos con:
- Amplias taquillas que funcionan tanto con moeda como con clave personalizada para gardar as vosas pertenencias de forma segura e cómoda.
- Duchas individuais.
- Área de tocador con espellos e secador de cabelo.
- Bancos para maior comodidade.
- Tamén contamos con taquillas externas ao vestiario.
Horarios
- 6:45 h – 23:00 h
Horarios
- Luns (Masculino)
- 9:30 a 13:00 | 18:00 a 22:00
- Martes (Feminino)
- 9:30 a 12:00 | 18:00 a 22:00
- Mércores (Masculino)
- 9:30 a 13:00 | 18:00 a 22:00
- Xoves (Feminino)
- 9:30 a 13:00 | 18:00 a 22:00
- Venres (Masculino)
- 9:30 a 13:00 | 18:00 a 22:00
SPA
O noso SPA de 105 metros cuadrados está diseñado para ofrecerche unha experiencia de relaxación e recuperación óptima despois do teu adestramento.
- Ducha de inicio
- Sauna finlandesa
- Baño de vapor
- Duchas de linfodrenaje
- Aromaterapia
- Fonte de xeo
- SPA osixenante
- Cubo nórdico
- Piscinas de tratamentos e recuperación deportiva
- Zona de relaxación
Contamos coas mellores instalacións preparadas para que os nosos clientes disfruten do reposo e da tranquilidade.