Fixación e concesión de bonificacións a entidades polo uso das instalacións do Pazo dos Deportes Paco Paz, durante a tempada 2024-2025

Imprimir

A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense aprobou, na sesión ordinaria do 7 de xullo de 2025, a fixación e concesión de bonificacións a diversas entidades polo uso das instalacións do Pazo dos Deportes Paco Paz, correspondentes á tempada deportiva 2024-2025.

Este acordo responde ao procedemento regulado nas bases publicadas no BOP nº 93, do 19 de maio de 2025, e inclúe tres tipoloxías de uso: uso continuado, uso puntual e uso extraordinario vinculado a convenios de colaboración.

 

Entidades beneficiarias


As entidades deportivas e sociais que presentaron as súas solicitudes en tempo e forma foron avaliadas segundo os criterios establecidos nas bases reguladoras: número de deportistas, nivel competitivo, condicións económicas, interese público ou social da actividade e atención a colectivos vulnerables, entre outros.

Todas as entidades que acadaron unha puntuación igual ou superior a 36 puntos recibirán unha bonificación do 100% sobre a cota do prezo público polo uso das instalacións, segundo o estipulado na base sétima.

Entre as entidades beneficiarias atópanse clubs deportivos como o Clube Voleibol Ourense, Clube Escola Ximnasia Burgas, Clube Baloncesto Valenzá, así como organizacións sociais como Special Olympics Galicia, Aspanas, Aixiña, Cáritas Diocesana de Ourense, Fundación Diagrama ou Autismo Apuntaste, entre outras.

Ademais, as actividades patrocinadas ou subvencionadas pola Deputación Provincial de Ourense e as competicións oficiais de Copa Deputación celebradas nas instalacións do Pazo tamén recibirán unha bonificación do 100%.

Recursos


Contra este acordo poderá interpoñerse recurso de reposición ante a Xunta de Goberno da Deputación no prazo dun mes, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP.

COMPARTE ésta noticia

Facebook
LinkedIn
Email