A Deputación de Ourense e a Federación Galega de Baloncesto activan o “3×3 DepOUrense”.
Grazas á colaboración directa entre ambas as entidades, o vindeiro 22 de xuño a modalidade de Baloncesto 3×3 cobrará protagonismo na cidade de Ourense. Durante todo o día, o Pazo dos Deportes “Paco Paz” e os espazos adxacentes vivirán unha xornada de competición 3×3 e actividades recreativas, coa música e as artes urbanas como perfectas aliadas da práctica deportiva.
Descarga o PDF con toda a información