A Seleccións Absoluta Masculina de Baloncesto chega a Ourense para disputar a ventá de novembro clasificatoria para o Eurobasket de 2025
- A selección regresa a Ourense dezaseis anos despois, logo de xogar na cidade dous amigables no verán de 2008.
- As entradas para esta cita ante Eslovaquia, que encherá de cor o “Paco Paz” o vindeiro 25 de novembro; xa están á venda.
A Selección Masculina xogará, o 25 de novembro en Ourense (20:00 horas), contra Eslovaquia, o seu terceiro partido de clasificación para o Eurobasket de 2025.
Grazas á colaboración da Deputación de Ourense e a Federación Española de Baloncesto o Pazo dos Deportes desfrutará do equipo dirixido por Sergio Scariolo, que pechará no Paco Paz a ventá FIBA de novembro despois de xogar en Bratislava o día 22. Ambos os partidos antóllanse decisivos para conseguir a clasificación matemática e asegurarse a defensa do título de campións de Europa.
A Selección volve á cidade ourensá 16 anos despois, tras xogar nela dous amigables no verán de 2008 para preparar os XXOO de Pequín. Despois de disputar un total de 5 partidos amigables, será o primeiro partido oficial que España xogue en Ourense.
Camiño ao Eurobasket
A Selección Masculina, actual campioa de Europa, está encadrada no Grupo C, xunto a Bélxica, Eslovaquia e Letonia. Ademais de Letonia, xa clasificada como anfitrioa, clasificaranse para o Eurobasket as dúas primeiras seleccións do grupo. A terceira e última Xanela terá lugar en febreiro de 2025, cando España xogará ante Letonia o día 20 e ante Bélxica o día 23.
As entradas para o partido do vindeiro día 25 de novembro xa se poden adquirir vía web en https://www.feb.es/entradas.aspx